Despois da entrada do PP, Xuventudes Socialistas de Redondela calificao de ineficaz, mentireiro e incompetente.
Levan 7 meses no goberno e non fixeron absolutamente nada, o único que fixeron foron talar arbores e poñer flores.
INEFICACIA E MENTIREIROS:
-Levan 7 meses e non foron capaces de poñer en marcha a piscina de Chapela e o club de remo, que xa está rematada.
-Din que non hai cartos e gastan 6000 euros nunha proba de BMX e máis de 3000 euros en cambiar xardiñeiras. Así como outros gastos que non se entenden,
-As obras que están en marcha foron postas en marcha polo goberno socialista.( 600000 euros en asfaltado de camiños, a humanización do paseo da xunqueira e a finalización da humanización na rúa ernestina otero)
-Prometeron a creación do GRUMIR e nin está, nin se lle espera.
-Prometeron a reforma de Porto de Cesantes este ano e agora din que comezan para o próximo ano.
-Javier Bas prometeu moitisimas inversións da xunta e deputación e nos presupostos da xunta, veñen 0 EUROS para Redondela. Estas son as inversións do PP en redondela!!!
-Moitos proveedores están sen cobrar, cando antes cobraban a 30 días!!!
-A xunta eliminou os 6 millóns de euros para o auditorio de Redondela e os mandou para un auditorio en Lugo.